Bety, Encarna e Bea son as tres profesoras que explican en Si Radio como nace a primeira rede de clubs de lectura dos centros educativos de Ponteareas. O evento de inauguración desta iniciativa tivo lugar no Auditoio Municipal Reveriano Soutullo e contou coa participación de representantes dos centros CEIP Fermín Bouza Brey, CEIP As Veigas, CEIP Ramiro Sabell Mosquera, CEIP Santiago de Oliveira, CEIP Feliciano Barrera, IES Val do Tea, IES do Barral e o IES Pedra da Auga.
Segundo explican, o obxectivo é «motivar ao alumnado para que se achegue ao mundo da lectura«.
Do mesmo xeito, explican as súas experiencias como dinamizadoras das bibliotecas de cada centro e como estas funcionan como eixo vertebrador de todas as materias impartidas durante o curso escolar.
Entrevista con Bety, mestra do CEIP de Santiago de Oliveira, Encarna, mestra do IES Val do Tea e Bea mestra do CEIP Fermín Bouza Brey: