lunes, octubre 28, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Centro Dramático Galego volve a Tui con “Terceiro acto”

O Centro Dramático Galego volve a Tui con “Terceiro acto”

O Teatro Municipal de Tui acollerá este xoves, 31 de outubro, ás 21.00 horas a representación da última montaxe do CDG

O Centro Dramático Galego (CDG) volve este xoves, 31 de outubro, ás 21.00 horas ao Teatro Municipal de Tui para pór en escena a súa última montaxe “Terceiro acto”. Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez son as encargadas da dramaturxia e da dirección desta peza teatral que combina humor, melancolía e beleza. En escena estarán Belén Constenla, César Goldi, Fernando Morán, María Costas e César Cambeiro. A escenografía foi deseñada por Marta Pazos, o vestuario por Yaiza Pinillos, a coreografía é de Amaya Galeote e a iluminación de Miguel Ruz.

A obra reflexiona sobre o terceiro acto da vida onde o presente e o futuro se entrelazan, e aborda temas coma a vellez, a morte, os desexos desta etapa vital… “Terceiro acto” reivindica o papel que as persoas maiores xogan na sociedade. O espectáculo é un lugar de encontro que ten a conversa entre os actores e actrices coma base. A compañía pública de Galicia celebra con esta obra o seu 40 aniversario. As entradas están á venda até xoves ás 20.00 horas en tui.gal aos prezos de 10 e 7.5 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS