domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA Garda Civil incauta 80 quilogramos de marisco procedente da pesca furtiva...

A Garda Civil incauta 80 quilogramos de marisco procedente da pesca furtiva en Sanxenxo

O Seprona da Garda Civil de Vilagarcía, incauta 80 kg de marisco, principalmente centola, procedentes da pesca furtiva, en Sanxenxo

Seprona da Garda Civil de Vilagarcía incauta 80 quilogramos de marisco. Principalmente as pezas eran de centola, procedentes da pesca furtiva, en Sanxenxo. Con motivo das datas previas á campaña do Nadal, están a incrementarse os operativos contra a pesca furtiva.

Dentro destes operativos incrementados, detectáronse nunha zona que se estaba vixiando baixo unhas ramas ocultas, dous grandes sacos cheos de marisco, entre as especies había nécoras, centolas e bogavantes. Ao atoparse vivos, en colaboración co Servizo Marítimo da Comandancia, devolvéronse ao mar.

Cabe destacar que ademais a zona onde se atopou o marisco é unha zona prohibida de pesca, polo que se podería considerar un delito de furtivismo, ademais dunha infracción grave á normativa de pesca.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS