domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasAsí é a residencia de artistas de Ponteareas que nace "desde o...

Así é a residencia de artistas de Ponteareas que nace «desde o territorio, polo territorio e para o territorio»

A residencia de artistas de Ponteareas, Artistea, xa ten as portas abertas para que as sete persoas que forman parte desta primera edición comecen a traballar nos 10 proxectos seleccionados polo xurado. Este grupo de selección de propostas estivo formado pola directora do proxecto, Laura Porto, e a alcaldesa do muninicipio, Nava Castro, entre outras.

A inauguración tivo lugar este sábado ás 12:00 horas e acudiu o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o conselleiro de Cultural e Lingua, López Campos e a secretaria xeral de Xuventude, Lara Meneses así como o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López e o goberno municipal liderado pola alcaldesa Nava Castro e o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera.

A este acto da primeira residencia 100% municipal da provincia de Pontevedra acudiron, tamén, a rexedora de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel e os alcaldes de Covelo, As Neves e Mondariz, Pablo Castillo, José Manuel Alfonso e Pablo Barcia, respectivamente.

O acto inaugurouno a directora da primeira edición de Artistea, Laura Porto, quen apuntou que esta residencia fomenta valores como o de igualdade ou o de inclusión e que «non se trata dun hostal ou dun asilo, son programas que contribúen a que as profesionais que participan conten coa solvencia técnica e excelencia para desenvolver as súas área de coñecemento». Apuntou Porto que Artistea «nace desde o territorio, para o territorio e polo territorio«.

A seguinte persoa en tomar a palabra foi o presidente da Deputación, Luis López, quen puxo en valor o traballo realizado polo equipo do goberno municipal e aposta pola cultura.

Pola súa banda, o presdiente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicitou ao goberno municipal pola «aposta valente para meterse nunha iniciativa como esta, pensando no futuro dos veciños e das veciñas» e indicou que «que mellor para dinamizar a vila e identificarse co espíritu de Ponteareas».

A alcaldesa, Nava Castro, agradeceu a presencia de todas as autoridades neste pirmeiro día da vida da residencia de artistas de Ponteareas e explicou que «como indicou a directora Laura Porto do mesmo xeito que non se cuestiona unha residencia para médicos, Artistea non é so para durmir, é para especializarse«.

A rexedora insistiu en que «por que non podemos seguir avanzando no mundo da arte ao igual que o fixemos con Rogelio Groba, Alfonso Pexegueiro ou Álex Bouzó?».

Segundo explicaron no acto inaugural, a residencia de artistas de Ponteareas, Artistea, contará cunha xornada de portas abertas o venres 15 de novembro a partir das 10:00 horas.

Así é a residencia de artistas de Ponteareas. Fotografías de Anxo Gutiérrez.

Fóra, tivo lugar unha concentración en contra de que a residencia de artistas se ubique no edificio que estaba destinado ao Centro Cívico. A manifestación convocouna o Ateneo Amado Garra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS