O veleiro interceptado cuns 2.000 quilos de cocaína en augas do Atlántico Norte chegou este venres a Vigo escoltado polo buque de Vixilancia Aduaneira ‘Petrel’. No porto procédese ao seu rexistro e á pesada da droga por parte da comisión xudicial.
O dispositivo conxunto despregado por Vixilancia Aduaneira e polo GRECO da Policía Nacional (con axentes de Galicia e de Andalucía) foi desenvolvido no mar e na zona da Costa do Sol.
Froito das investigacións foron detidos os dous tripulantes do veleiro e outro tres acodes, membros dunha organización dedicada ao narcotráfico e afincados en localidades da provincia de Málaga.