domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas consegue 290.000 euros para o servizo Atención Temperá

Ponteareas consegue 290.000 euros para o servizo Atención Temperá

Unha psicóloga, dúas logopedas e unha pedagoga desenvolverán unha atención máis específica e este servizo de Atención Temperá é de luns a venres en horario de mañá e tarde

A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia vén de conceder ao Concello de Ponteareas 290.000 euros, destinados ao servizo de Atención Temperá. Este servizo ofrece apoio especializado aos nenos que teñen un trastorno no desenvolvemento ou unha discapacidade recoñecida, tendo en consideración á familia e a súa contorna de interacción.

O Concello consegue por segundo ano consecutivo respaldo para este servizo imprescindible e conta cun incremento de 146.000 euros respecto ao pasado ano. Ademais, reafirma o seu nivel de compromiso coa incorporación dunha especialista máis. Deste modo, muda de tres profesionais a catro, sendo unha psicóloga, unha pedagoga e dous logopedas. Para poder dar cobertura a todos os usuarios e acabar coa lista de espera, firmouse un convenio social con COGAMI.

A alcaldesa, Nava Castro, e a concelleira de Saúde, Raquel Plana, adiantan que seguirán loitando por este servizo que se atoparon desmantelado coa súa chegada ao goberno. “Foi unha das primeiras medidas que tomamos. Recuperar este servizo indispensable que mellora a vida de moitas familias. Agora préstase no edificio do Centro Social mentres non se traslada a Canedo”, aseguraron.

A través de pediatría as familias que o precisan acceden a este servizo de atención temperá no que se procura manter unha relación estreita coa familia. O obxectivo é que coñeza e comprenda a realidade do seu fillo con trastornos de desenvolvemento. Así mesmo, que poida actuar como axente potenciador do desenvolvemento. Pretendese ademais que esta organización poida servir tamén de apoio unha vez cumpridos os seis anos.

Na actualidade, o Concello de Ponteareas atende a 64 nenos. Estímase que un 10% dos nenos poderían poden presentar algunha discapacidade. O servizo de Atención Temperá préstase de luns a venres e en horario de mañá e tarde para dar maiores facilidades ás familias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS