Conta atrás para que o Concello de Ponteareas inaugure a primeira residencia municipal, Artistea, que se ubica no centro da localidade. De xeito máis concreto, nun dos edificios da Praza Maior. Precisamente, a súa ubicación supón un punto de discordia entre o goberno liderado por Nava Castro e os grupos da oposición así como do Ateneo Amado Garra.
No caso da asociación sen ánimo de lucro, Ateneo Amado Garra, apuntan que «ese edificio ten que estar destinado para que os 13.000 veciños e veciñas do centro urbano conten cun centro cívico no que poder realizar exposicións, obradoiros ou calquer outra actividade e non para un grupo reducido de persoas». Insisten en que «non estamos en contra de que exista unha residencia de artistas, pero si de que se localice nesta infraestructura».
Explicao para Si Radio o presidente do Ateneo Amado Garra, Robeto Mera:
Pola súa banda, o grupo líder da oposición, o Bloque Nacionalista Galego, que tiña o bastón de mando cando dotou a ese edificio da Praza Maior do uso para un Centro Cívico, apuntan que «parécenos boa idea a residencia de artistas en Ponteareas, pero non que perdamos un centro cívico» e indican que se trata de «un capricho da alcaldesa».
Explicao para Si Radio de Galicia o voceiro do BNG en Ponteareas, Miguel Bouzó
A voceira do grupo socialista, Vanesa Fernández, explica en Si Radio de Galicia que «están en xogo un millón de euros de fondos da Unión Europea» e incide en que «non estamos en contra de que Ponteareas conte cunha residencia de artistas se non que se prive aos veciños e as veciñas dun espazo destinado á cultura». Ademais, Fernández indica que «oxalá este edificio non termine en mans privadas co paso do tempo convertido nunha hospedaxe«.
No caso do voceiro de Ponteareas en Común, Manoel Ucha, apunta que se posicionan ao lado dos colectivos que reivindican ese espazo para destinalo á realización das súas actividades e que, ao igual que resto dos grupos políticos, tampouco acudirán á inauguración de Artistea esta fin de semana.
Desde o goberno municipal, apuntan que se trata dun intento confundir «á poboación ao tachar de albergue á primeira residencia multidisplinar pública de formación para artistas de toda a provincia de Pontevedra e na que sempre haberá un mínimo dunha praza para persoas da localidade e persoas con discapcidade»e indican que «haberá espazo igualmente para realizar exposicións e cursos».
Silvia Fernández é concelleira encargada da área
Para o día da inauguración, sábado 26 de outubro, o Ateneo Amado Garra convoca unha concentración ás 12:00 horas.