A incidencia da COVID-19 en Galicia é a máis baixa de toda España. En total, ten agora 466 casos activos, 29 menos que un día antes.
Os contaxios detectados en 24 horas decenderon á metade. Foron detectados 16 novos casos por probas diagnósticas.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 87 (-10)
A Coruña: 147 (-5)
Pontevedra: 26 (-5)
Santiago: 64 (-4)
Ourense: 73 (+1)
Lugo: 60 (-6)
Ferrol: 9 (=)
Nos hospitais hai 43 persoas hospitalizadas, dúas menos que o día anterior; dez en UCI (+1) e 33 en planta (-3).
O Sergas notificou un falecemento por mor da covid−19, que alza o número de decesos a 2.644 desde o inicio da pandemia.