domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda reforma as dependencias da Policía Local

A Guarda reforma as dependencias da Policía Local

Con esta reforma, o Concello pretende modernizar, ampliar e adecuar ás necesidades actuais as dependencias policiais, mellorando a zona de atención ao público e ampliando o espazo para oficinas.

Fai uns días iniciáronse os traballos para a reforma e adecuación á normativa das dependencias da Policía Local de AGuarda, a través dunha axuda por importe de preto de 40.000 euros da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.

En total pretendese ampliar as infraestruturas existentes ata os 183m2, con dúas oficinas, vestiarios diferenciados para homes e mulleres, almacén e sala de xuntas, empregando parte das vellas instalacións de Servizos Sociais.

Para o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta é unha actuación moi importante, posto que ven a mellorar as condicións de traballo dos membros da Policia Local, nunhas instalacións que precisaban unha urxente rehabilitación e adaptación aos tempos que corren, o que permitirá prestar un mellor servizo a toda a cidadanía guardesa. Este proxecto está na liña de modernización das dependencias municipais que se ven producindo dende que se construiu o novo concello na casa dos Alonsos.

O orzamento desta licitación é de 56.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución das obras é de 45 días hábiles.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS