viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasIndignación pola prioridade do Goberno ao AVE Lisboa-Madrid e Caballero anuncia que...

Indignación pola prioridade do Goberno ao AVE Lisboa-Madrid e Caballero anuncia que defederá Vigo «contra quen faga falta»

indignación. É unha das palabras que describen o clima político en Vigo logo de que o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, explicara no cume Hispano-Luso que tivo lugar en Faro que a prioridade do seu executivo é impulsar a alta velocidade entre a capital do Estado, Madrid, e Lisboa e non a conexión entre a cidade olívica e Oporto.

Con todo, Sánchez indicou que a data que manexa o Goberno central para que estea en funcionamento esta conexión ferroviaria con Vigo é o 2032. Unha data que non convencen nin a oposición da cidade olívica, PP e BNG, nin ao propio executivo municipal, liderado polo socialista Abel Caballero.

De feito, o rexedor vén de anunciar que se poñerá en contacto co presidente Pedro Sánchez co obxectivo de que «reduza o prazo da conexión entre Lisboa, Vigo, O Porto, Madrid para que no 2030 xa estea operativo«.

insistiu Caballero que «defenderá Vigo contra quen faga falta» e criticou tamén aos demais executivos centrais liderados polo Partido Popular.

Oposición

Pola súa banda, os grupos que conforman a oposición no Concello de Vigo, Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego, presentaron unha moción de urxencia para que o pleno municipal inste a Pedro Sánchez a rectificar e dar prioridade ao AVE a Oporto.

Ademais, no Congreo, o BNG vén de rexistrar iniciativas «ante as contradicións materializadas na cimeira hispano-lusa» en referencia «ás declaracións realizadas polo Presidente do Goberno e a súa prioridade de conectar por alta velocidade Lisboa e Madrid no canto da posición mantida ata o de agora polo executivo como consecuencia do acordo de investidura asinado co Bloque Nacionalista Galego, coincidente tamén co goberno luso de priorizar a conexión Galicia-Portugal».

Os nacionalistas exixen ao Goberno que «respecte os acordos asinados co BNG e manteña a prioridade da conexión ferroviaria Vigo-Porto» posto que «as declaracións do presidente do Goberno non só se afastan dos compromisos establecidos senón que chocan tamén coa posición do goberno luso que aposta decididamente pola conexión no Eixo Atlántico».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS