jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasMos clausura a edición do Plan Integrado de Emprego cunha taxa de...

Mos clausura a edición do Plan Integrado de Emprego cunha taxa de inserción laboral do 78%

No acto de clausura deuse conta dos 31 convenios e máis de 50 accións formativas postas en marcha

Est mañá tivo lugar no Pazo de Mos o acto de clausura – mesa sectorial da IX edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 2023-24. A iniciativa estivo subvencionada pola Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e cofinanciada polo Concello de Mos. O acto contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; da Delegada Territorial da Xunta de Galicia para Vigo, Ana Ortíz; e do Director territorial da Xunta en Pontevedra, José Antonio Rodríguez. Ademais, estivo presente a concelleira de Formación e Emprego, Julia Loureiro, así como de alumnado e empresas colaboradoras no programa.

Na clausura púxose en valor o agradecemento á colaboración e implicación ás máis de 50 empresas que solicitaron candidatos a postos de traballo. Así mesmo, participaron na realización das accións de inserción, convenios de prácticas e formación, para a consecución do obxectivo final do PIE. A finalidade non é outra que a inserción no mercado laboral dos usuarios cun emprego digno e de calidade.

Na mesa sectorial da xornada, participaron Celso Álvarez, Coordinador de Formación e Emprego da Empresa COGAMI, e José Luís Martín, Director xeral da empresa Unimate Robótica. Tamén interviñeron Yolanda Santos, Xerente da empresa de formación Lusant Formación S.L e Francisco Domínguez, Xerente da Asociación Empresarios de Mos. Ademais estiveron representantes de empresas de diferentes sectores produtivos da contorna do Concello de Mos.

Na mesma fíxose descrición dos datos cuantitativos, dos resultados obtidos, servizos prestados, accións formativas desenvolvidas, prácticas en empresas e a mediación laboral con empresas. Esta realizouse a máis de 100 demandantes de emprego da contorna de Mos. Para por o punto final ao evento, tivo lugar un “workCoffee” participativo. Os asistentes tiveron a oportunidade de compartir intereses, motivacións e aspiracións profesionais co persoal integrante da mesa sectorial, autoridades e empresas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS