jueves, octubre 24, 2024
InicioNewsActualidadeOurense amence cunha pancarta na que se pode ler "alcalde dimisión, paga...

Ourense amence cunha pancarta na que se pode ler «alcalde dimisión, paga pufeiro»

A situación entre os traballadores e as traballadoras do Concello de Ourense e o alcalde da cidade das burgas, Gonzalo Pérez Jácome, vólvese cada vez máis tensa. E é que xa comezou a conta atrás para que inicien unha folga para reclamar «un trato digno» ao rexedor así como o cobro das horas extras totais que os sindicatos cifran nun millón de euros.

De feitos, os traballadores e as traballadoras da administración local sairon a rúa esta noite para esixir «unha solución». Chegaron ata a porta do Concello, pero ninguén do equipo de goberno de Gonzalo Pérez Jácome achegouse para tentar mediar, segundo apuntan os sindicatos.

Agora, unha pancarta colga da torre de bombeiros cunha mensaxe clara: «alcalde dimisión, paga pufeiro».

Estas son as imaxes da protesta que tiveron lugar durante este noite en Ourense:

A folga no Concello de Ourense está prevista que comece o 31 de outubro e tamén o 4 de novembro.

Así, o presidente da Xunta de Persoal, Javier Novoa, recalca que «as traballadoras e os traballadores estivemos calados moito tempo, aguantando maltrato e insultos constantes de Jácome, intentando tapar a súa incapacidade de xestión» pero asegura que «xa está ben».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS