A asociación sen ánimo de lucro Avelaíña informarán aos veciños e as veciñas de Ponteareas e da Cañiza sobre a saúde mental, «un dereito necesario».
A pandemia provocada pola COVID-19 sacou a luz, «con maior forza que nunca», segundo a asociación, «a fraxilidade da saúde mental e a necesidade de prestarlle atención de urxencia» e , por este motivo, Avelaíña está a organizar durante o mes de outubro unha serie de actividades nas comarcas do Condado, da Paradanta e en Salceda de Caselas.
Este xoves 14 de outubro as profesionais da psicoloxía da asociación informarán en Ponteareas sobre as cuestións de saúde mental, diante do cenro social da vila. O mércores 20 será na Cañiza onde continúe a campaña de sensibilización.
Nos informativos locais e comarcais de Si Radio de Galicia falamos coa psicólogo de Avelaíña Lorena Francisco: