jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísGalicia rexistra récord de viaxeiros no mes de setembro con máis dun...

Galicia rexistra récord de viaxeiros no mes de setembro con máis dun millón de pernoctacións

Os hoteis galegos rexistraron o pasado mes de setembro máis de 632.000 viaxeiros aloxados que fixeron 1,15 millóns de noites, o que supón un incremento do 5,9% e 4,2% respectivamente con respecto a 2023. En canto ao impacto económico, tamén se rexistrou un incremento da rendibilidade hoteleira que sobe 8,6% con respecto ao ano pasado e estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos de 51,6 millóns de euros, un 7,8% en relación co 2023. Son datos do Intituto Nacional de Estatística que vén de difundir a Xunta de Galicia.

Neste contexto, a administración autonómica indica que «Galicia supera en ocupación hoteleira os rexistros previos á pandemia, nun 10,9% e que volve medrar por riba da media española». Ademais, o aloxamento hoteleiro da Comunidade acumula «catro anos consecutivos de crecemento da demanda no mes de setembro acadando un máximo da serie histórica de setembro con 1,15 millóns de pernoctacións e en canto ao número de viaxeiros, nunca antes se superara a barreira dos 600 mil viaxeiros en setembro».      

Do mesmo xeito, Galicia rexistra un máximo da serie histórica de ingresos hoteleiros no mes de setembro, superando tamén os rexistros previos a pandemia.

A segunda taxa de crecemento máis elevada

Segundo os datos que difunde a Xunta de Galicia, a comunidade galega presenta un comportamento por riba da media nacional. Así, en número de noites, Galicia supera en algo máis dun punto a media estatal, que observa un incremento do 2,8% en relación ao pasado ano. En termos de viaxeiros aloxados Galicia rexistra a segunda taxa de crecemento máis elevada co 5,9%.

Por orixe, o mercado internacional consolida catro anos consecutivos de crecemento da demanda no mes de setembro, que permiten acadar un máximo da serie histórica agora en 2024 con preto de 410.000 noites en setembro. 

En termos económicos, no que vai de ano, de xaneiro a setembro, estímase que «o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais próximos aos 350M€ nos primeiros nove meses deste ano, superando tamén os rexistros de 2023 nun 7,2% e os previos á pandemia. Marca, de novo, a cifra máis elevada da serie histórica».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS