domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeRueda aposta pola remuda xeracional no agro con novos instrumentos coma o...

Rueda aposta pola remuda xeracional no agro con novos instrumentos coma o banco de explotacións

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aposta do Goberno galego por fomentar a remuda xeracional no agro con novos instrumentos coma o banco de explotacións e novas liñas de axudas. “De nada serviría a modernización do campo galego nos últimos anos se non podemos garantir que a xente nova vai coller o testigo”, indicou.

Durante unha visita a unha granxa en Boqueixón na que estivo acompañado da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, Rueda salientou os “estímulos” que ofrece a Xunta coma unha nova orde de achegas para favorecer a sucesión neste tipo de negocios, dotada de 2,1 M€ entre 2025 e 2029.

Ademais, Galicia contará antes de que remate o ano cunha plataforma para poñer en contacto aos titulares de explotacións agrícolas e gandeiras que van cesar a súa actividade con persoas interesadas en asumir esta xestión.

Unhas medidas que se enmarcan no Plan específico e transversal para fomentar a remuda xeracional no agro que ten en marcha Galicia e que conta, entre outras iniciativas, con accións de formación, sensibilización e titorización. Uns apoios grazas aos que, tal e como indicou Rueda, “preto de 5.000 mozos e mozas se incorporaron como socios” a explotacións agrícolas ou gandeiras na comunidade desde 2009.

O obxectivo, segundo avanzou o presidente galego, «é seguir avanzando na remuda xeracional, consolidar Galicia coma un referente no sector e promover un agro forte e competitivo. Por iso, «o orzamento da Consellería do Medio Rural sube un 3,5% para o vindeiro ano ata superar os 700 millóns de euros».  

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS