lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasMáis de 200 familias de Mos benefícianse das axudas para libros e...

Máis de 200 familias de Mos benefícianse das axudas para libros e material e do comedor escolar

Para elo o Concello de Mos destina sendas partidas orzamentarias por importe anual total de 40.000 euros

O Concello de Mos apoiará este curso 2024-2025 a 214 familias coas axudas municipais para libros e material escolar e uso do servizo de comedor escolar dirixidas a alumnado de educación Infantil, primaria e secundaria. Así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Política Social mosense, Sara Cebreiro, e de Educación, Julia Loureiro.

As axudas de comedor recibiranas 114 familias, 26 máis que o curso pasado, no que foron percibidas por 88 familias. As axudas de libros e material recibiranas 100 familias, 15 máis que o curso pasado, no que as beneficiarias foron 85 familias. Así, en total, este curso 41 familias mosenses máis que o pasado curso se beneficiarán das axudas municipais para familias con fillos en idade escolar.

Hai dous cursos que o Concello duplicou a partida orzamentaria anual para libros e material e triplicou a de comedor. Deste modo, ascendeu a primeira a 10.000 euros e a segunda a 30.000 euros. Para as axudas de comedor escolar o importe na partida orzamentaria para setembro, outubro e novembro do ano 2024 será de 10.000 euros. Para os meses de decembro ata a finalización do curso académico 2024/2025, o orzamento será de 20.000 euros, o que fai o total de 30.000 euros.

Axudas municipais

Dende as concellerías de Política Social e Educación, considérase necesario continuar coas axudas municipais para libros e material escolar e uso de servizo do comedor escolar. Con este obxecto, regúlase o procedemento para a concesión de subvencións ás familias do alumnado, de educación infantil, primaria e secundaria, para o curso 2024/2025.

Estas axudas outorgaranse establecendo un procedemento que tenta ser áxil, eficaz e breve no tempo. As axudas van dirixidas aos menores de familias con dificultades socio-económicas e de conciliación da súa vida familiar e laboral. Ademais, a finalidade última é apoiar ás unidades familiares que estén limitadas para afrontar totalmente o custo do servizo.

As axudas para a adquisición de libros e material escolar serán para o alumnado de Educación infantil (primeiro e segundo ciclo), primaria e secundaria. O concepto subvencionable será o material escolar, considerado este como aquel necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente. Así mesmo, exclúese expresamente o material escolar e os libros de texto que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións. Non serán subvencionables a roupa, calzado, uniformes, estoxos, mochilas, tuppers e outros utensilios.

As axudas para o servizo de comedor escolar serán para o alumnado de Eucación infantil (2º ciclo) e educación primaria dos CEIPs públicos do Concello de Mos, sempre e cando este non gocen de gratuidade.

As cantidades monetarias para libros e material escolar están limitadas ata os 40 euros no primeiro ciclo de educación infantil. No resto de cursos, dende o segundo ciclo de educación infantil ata secundaria, as familias poderán optar a axudas de ata 80 euros. En canto ao comedor, o importe das axudas para cada neno será de dous euros do menú por día.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS