domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeMedio Rural adiantará o pago da PAC aos solicitantes de cultivo de...

Medio Rural adiantará o pago da PAC aos solicitantes de cultivo de pataca da Limia para o mes de novembro

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, anunciou no Parlamento o adianto, por primeira vez, do pago do anticipo da Política Agraria Común (PAC) aos solicitantes de cultivo de pataca da Limia á primeira semana de novembro. Deste xeito, sinalou, «apoiarase aos produtores da zona que se viron afectados polo temporal Kirk».

Neste sentido, a titular do Medio Rural incidiu en que «cada vez son máis comúns os fenómenos meteorolóxicos extremos e os cambios no comportamento do tempo», polo que “desde o Goberno galego traballamos arreo buscando as mellores solucións” ante estes episodios.

Ademais, lembrou as políticas para incentivar a contratación de seguros agrarios, resaltando a súa importancia «para paliar as consecuencias dos desastres climáticos».

Neste contexto, a Consellería do Medio Rural destinou este mesmo ano «8,5 millóns de euros para fomentar a súa contratación cunha liña de axudas que posibilita cubrir ata un máximo do 75% da póliza». María José Gómez resaltou que «nos Orzamentos de 2025 aprobados a semana pasada, hai unha partida para seguir potenciando esta liña de achegas que se incrementa».

Sobre esta cuestión, a titular de Medio Rural incidiu en que a Xunta de Galicia «puxo en valor un investimento de máis de 50 millóns de euros de fondos propios desde o 2017 para favorecer o aseguramento agrario e avanzou que se reclamará ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a súa adaptación á realidade do noso territorio».

Consecuencias do temporal Kirk

No caso das consecuencias de Kirk, María José Gómez explicou que nas últimas semanas «véñense desenvolvendo diferentes sesións de traballo, moitas delas con representantes dos sectores máis afectados”, para avaliar a contía das perdas da maneira máis precisa posible. “Unha vez obtidos os resultados, tomaremos as medidas máis axeitadas”, destacou e engadiu que «se fará con accións directas, indirectas e con todas as que teñamos ao noso alcance”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS