Conta atrás para que comece unha nova edición da ruta de pinchos que pon en marcha o Concello de Ponteareas co obxectivo de dinamizar a hostalería do municipio. Trátase de Pinchotea, que comeza este 24 de outubro e finalizará o próximo 10 de novembro.
Deste xeito, o Concello deu a coñecer, xunto cos locais participantes, as propostas gastronómicas que poderán desfrutar os veciños e as veciñas así como as persoas que se acheguen ata a capital do Condado.
Papelón con limón–Mini cachapa venezolana
O local Papelón con limón, situado na contorna do Concello de Ponteareas, propón unha mini cachapa venezolona, elaborada cunha base suave e dourada de millo doce xunto con queixo tetilla e porco de castañas.
Esta opción está dispoñible sen glute, segundo apuntaron desde o local.
Casa Ferreira
O local que se localiza na rúa Doutor Fernández Vega, Casa Ferreira, participa na segunda edición de Pinchotea cunha proposta de solomillo cociñado a baixa temperatura e con salsa de laranxa.
Cortiñas- O fresco
Pola súa banda, a cafetería Cortiñas, que se localiza na Praza Marior do municipio, ofrece a tapa «o fresco». Trátase dunha combinación de sabores mediante unha tosta de pan do avó con queixo crema máis unha capa de marmelada de pemento de Guláns. Ademais, contén anchoas e sementes de sésamo.
Carlota Burguer- TEA PTC UNA BURGUER?
A hamburguesería Carlota Burguer, na Avenida Castelao, participará na nova edición de Pinchotea cunha «explosión de sabores», segundo indican, con carne de vaca vella, queixo tetilla, guacomalone e outros ingredientes como pan negro.
O túnel- Pera limonera
O local que se localiza nun dos laterais da Praza Maior, O túnel, propón «a pera limonera» para participar na nova edición da ruta de pinchos en Ponteareas. A tapa ten forma desta froita e a súa textura é «crocante» e está rechea de mariscos frescos e verduras salteadas.
Ademais, conta unha salsa doce e tamén picante.
Macdona
O restaurante do Paseo Matutino, Macdona, participa en Pinchotea cunha proposta elaborada con pobo cocido e base crocante de millo.
Romi
No caso do local Romi, que se atopa na contorna do Auditorio Municipal, participa coa proposta «plumas de naranja». Trátase de alitas de pito elaboradas a baixa temperatura con zumo de laranxa «co que se consegue unha textura tenra e con un toque cítrico» sobre unha cama de arroz branco e pan para acompañar.
Troll- Chili al estilo troll
A hamburguesería e bocatería Troll participa en Pinchotea cunha «mestura de carnes galegas con fabas vermellas nun guiso especiado con tomate, chili e un toque especial». Localízase na beira do Auditorio Municipal.
D´Peyo- Empanada de follado de cogomelos con tetilla
O local D´Peyo, na Praza Maior, participa cun pincho de empanada de follado elaborado a base de tetilla e cogumelos. Conta con ovo e guarnición de follas frescas así como unha redución balsámica, entre outra cuestións.
Eiravella- Mar e terra
A vinoteca Eiravella, na Avenida Rosalía de Castro, participa en Pinchotea cunha proposta denominada «mar e terra» na que mesturan diferentes productos en forma dunha ostra.
Tapería Luna Flores-Con fusión Tropical Gratinada
A tapería Luna Flores, na Avenida Castelao, propón unha combinación que «fusiona o mellor do mar e a terra» como é o caso de camaróns, pementos ou leite de coco, entre outras cuestións.
Mamá fina- Taco de cochinita pibil con guacamole e chicarrón
O local de comida mexicana que se atopa na contorna dos institutos públicos, Mamá fina, participa en Pinchotea cunha combinación de tortilla de trigo, guacamole e chicharrón, entre outros productos.
Xirope
O local Xirope, no Paseo Matutino, propón un petisco que combina pan de cereais e marmelada de pementos de Guláns así como mazá e xamón serrano.
Novo Melodi- Surprise
Surprise é o petisco que propón o local Novo Melodi cunha combinación de masa caseira sobre unha base de salsa tártara. Contén cebola, marmelada de tomate, rulo de cabra e módena.
A cafetería localízase na contorna da Praza Bugallal.
La Preciosa
O local La Preciosa, na Rúa Trovador Xoan García de Guillade, propón unha tapa con tiburón de humus de callos e milfollas de patacas, entre outros productos. Inclúe un postre con rosquilla rechea de requesón.
Bar ciudad
Finalmente, o Bar ciudad, na rúa Carballos, propón unha hamburguesa que contén queso cheddar e outros ingredientes como o pepino e patatas.