viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres...

A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres nunha gaivota recollida en Cangas

A Conselleira do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección dun exemplar de gaivota patiamarela afectada por influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP), resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid). 

A ave, recollida no concello de Cangas, foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo, na localidade pontevedresa de Cerdedo-Cotobade, onde foi mostrexada para proceder á análise en laboratorio e xestionar posteriormente os restos do animal de acordo coa normativa en vigor. 

Segundo apuntan desde a Xunta de Galicia, a valoración de risco de influenza aviaria a nivel do Estado, tampouco sufriu variación respecto aos meses anteriores, ao non tomarse medidas adicionais respecto ás que xa estaban en vigor desde o pasado mes de maio de 2023. Deste xeito, na data actual mantéñense unicamente en Galicia certas medidas de prevención sanitaria nos sete concellos da provincia de Pontevedra que pertencen á denominada Zona de Especial Risco (Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa).

Neste contexto, a administración autonómica indica que «dada a importancia do sector avícola na nosa Comunidade, cómpre continuar implementando as medidas de bioseguridade nas explotacions avícolas, de calquera tipo, tanto comerciais como particulares, especialmente aquelas destinadas a evitar o contacto con aves silvestres, así como intensificar a vixilancia de calquera signo de enfermidade tanto en explotacións avícolas como en aves silvestres, notificando a sospeita aos Servizos Veterinarios Oficiais».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS