O suceso tivo lugar na Nacional 120, a altura da parroquia de Areas, e outras tres persoas resultaron feridas.
Unha muller perdeu a vida na tarde de hoxe ao sair despedida da moto na que viaxaba coma acompañante. O suceso tivo lugar na Nacional-120, en Ponteareas, na parroquia de Areas, ás 17 horas. A motocicleta circulaba en dirección Vigo e realizaba un adiantamento nunha zona na que estaba permitido adiantar. Durante esta maniobra, impactou contra un vehículo.
Ademáis da falecida, o conductor da moto resultou ferido leve, e tamén precisaron asistencia sanitaria outras dúas persoas.
Trasladáronse ao lugar dos feitos a Policía Local, tres ambulancias e a Garda Civil. Os servizos sanitarios trataron de reanimar á muller, pero nada pudieron facer por salvarlle a vida.