martes, octubre 22, 2024
InicioNewsActualidade'Vegana.gal', a feira vegana que se celebrará en Vigo esta fin de...

‘Vegana.gal’, a feira vegana que se celebrará en Vigo esta fin de semana: horarios e programación

O sábado 26 e o domingo 27 de outubro o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acollerá a IV edición da Feira Vegana e Sostible de Galicia, Vegana.gal .

Vegana.gal nace no ano 2021 «como resposta á necesidade dun público implicado na busca de todo tipo de produtos que eviten ingredientes de orixe animal na súa composición», segundo aseguran dende a organización.

Na feira, que se celebrará durante esta fin de semana, poderase atopar showcookings, con demostracións de cociña saudáble e vexetal; charlas, da man de persoal experto e profesionais da educación ambiental, sostibilidade e veganismo; gastronomía, con todo tipo de produtos veganos; sostibilidade, con produtos zero-waste para reducir o impacto; foodtrucks, cunha ampla oferta de comida vegana e dúas zonas especiais, unha delas enfocada nos nenos e nenas e outra para profesionais do sector.

A programación comeza o sábado 26 ás 10:30h coa apertura do recinto e remata o domingo 27 coa súa clausura. Podes consultar toda a programación, detallada por franxas horarias, na seguinte ligazón.

Xa están á venda as entradas anticipadas na súa páxina web, cun prezo de 8€ o abono para os dous días e 5€ as entradas diarias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS