domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeArquivado definitivamente o 'Caso Déborah' tras máis de dúas décadas do suceso

Arquivado definitivamente o ‘Caso Déborah’ tras máis de dúas décadas do suceso

A xustiza volve arquivar a investigación pola morte de Déborah Fernández, tras 5 anos da súa reapertura

O Xulgado de Instrución número 2 de Tui ven de arquivar, de forma definitiva, a investigación pola morte de Débora Fernández, a xove viguesa atopada morta nunha cuneta no Rosal en 2002.

Fai máis de 22 anos, Débora Fernández saiu a correr por Samil e non regresou á súa casa. Foron 10 días despois cando se atopou o seu corpo sen vida xunto a unha estrada no municipio do Rosal. Os expertos determinaron que «a autopsia non podía determinar a causa da súa morte», e expuñan dúas posibilidades: «morte súbita ou morte violenta por sofocación».

Neste contexto, o caso foi pechado no 2010 tras «falta de probas». No ano 2019 foi reaberto a petición da familia da falecida, na que a Audiencia Provincial de Pontevedra estimou o recurso interposto e resolveu que se citase a declarar «en calidade de investigado» á exparella da moza.

Nesta nova fase, a investigación centrouse no exmozo da rapaza, quen quedou libre de cargos; exhumouse o corpo da vítima en busca de posibles coincidencias do seu ADN, chamaron a varias testemuñas e analizaron o teléfono de Déborah, mais o resultado segue a ser o mesmo.

Tras 5 anos de dende a súa reapertura, o 18 de outubro de 2024 a xustiza volve pechar o caso definitivamente ao non atopar probas aclaratorias que determinen como e quen matou a Déborah. A familia, pola súa banda, aseguraba que «a xustiza lles deu as costas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS