jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadePersoas con discapacidade reclaman medios adaptados "ata que exista o teletransporte"

Persoas con discapacidade reclaman medios adaptados «ata que exista o teletransporte»

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), en colaboración coas súas entidades membro, vén de celebrar unha concentración simultánea en diversas localidades galegas co obxectivo de «visibilizar a falta de transporte adaptado».

Baixo o lema «teletransporte contra a disciminación«, esta campaña tamén se estende a nivel nacional reivindicando que «ata que o teletransporte sexa viable, que polo menos que os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade».

Unha desas manifestacións tivo lugar na capital da comarca do Condado, en Ponteareas, e Montserrat Cuevas explica que «se trata de poder facer unha vida normal, non só para ir ao médico senon para ir o cine ou calquera outra actividade e que non faga que dependamos tamén dun familiar ou amigo para desprazarnos».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS