sábado, noviembre 23, 2024
InicioConcellos +A CañizaO túnel do Folgoso, na A-52, pechado por obras ata o sábado

O túnel do Folgoso, na A-52, pechado por obras ata o sábado

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible iniciou hoxe as obras de mellora do equipamento de seguridade no túnel do Folgoso, na autovía A-52, no termo municipal da Cañiza. As actuación obrigan ao peche dos carrís de circulación e ao desvío do tráfico pola N-559 e pola N-120. Os primeiros en pechar son os que van en sentido Ourense.

Os traballos, que se realizarán de forma ininterrumpida, tamén polas noites, enmárcanse nun contrato de obras de emerxencia para a reparación dos danos e a adopción de medidas paliativas, como consecuencia dos temporais Ciarán e Domingos, e do incendio ocorrido no interior do túnel, entre os quilómetros 278,5 e 281,1.

O corte da calzada en sentido Ourense permanecerá ata o mércores, día 23 de outubro, ás 24 horas; e desde as 00 horas do día 24 ata as 24 horas do sábado, día 26, efectuarase o corte da calzada en sentido Vigo.

Para asegurar a fluidez do tráfico, habilitáronse dous itinerarios alternativos debidamente sinalizados: o primeiro, en sentido Ourense, polas estradas N-559 e N-120, con saída na autovía no enlace do quilómetro 281,8 e volta á A-52 no quilómetro 269,7; e o segundo, en sentido Vigo, á inversa.

Nesta primeira xornada de desvíos polo corte do tubo en sentido Ourense, non houbo grandes afeccións no tráfico, más alá das previsibles retencións polo volume de vehículos que a diario transitan por este itinerario e que tiveron que atravesar estradas nacionais con restricións de velocidade de 50 quilómetros hora.

O túnel do Folgoso é o máis largo da rede de estradas do Estado en Galicia, con 2.550 metros de lonxitude. É a porta de entrada á provincia de Pontevedra desde Ourense pola A-52, e acolle a diario milleiros de vehículos, sobre todo tráfico pesado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS