jueves, diciembre 26, 2024
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza acolle este sábado a terceira edición do Trofeo Ciclocross Concello...

A Cañiza acolle este sábado a terceira edición do Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza

Nesta competición estímase a participación de 400 deportistas que competirán de 11.00 a 17.00 horas polos primeiros postos

O Concello da Cañiza e o club ciclista «Grupeta Pan de Zarco – A Cañiza» organizan este sábado, 26 de outubro, o III CX A Cañiza -Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza. Esta competición está incluída dentro da Copa Galicia de Ciclocross. Ademais, é puntuable para o ránking de ciclocross da Real Federación Española de Ciclismo.

Así mesmo, o trofeo estímase a participación de 400 deportistas que competirán de 11.00 a 17.00 horas polos primeiros postos. A competición terá lugar no circuito habilitado no Campo de Fútbol de Augas Férreas e a zona do Balneario. As categorías participantes serán infantil, cadete, junior, Sub23, Élite Master 30-40-50-60, masculino e feminino.

Os ciclistas que estén interesados en participar, poden inscribirse na páxina da Federación Galega de Ciclismo ata o 24 de outubro, ás 15.00 horas. O circuito de 2.5 quilómetros conta cun box de material individual. Tamén hai unha zona de lavado de bicicletas e un máximo de dous obstáculos artificiais. Ademais, conta cunha zona de chamada e saída anexa á saída e meta, un posto de primeiros auxilios e a zona de Podium.

O alcalde Luis Piña presentou esta mañá esta III edición acompañado de Tito Ramírez e Pablo Márquez, presidente e secretario do club ciclista organizador. Tamén contaron coa presencia do vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo Óscar Sánchez.

Na presentación desta mañá o alcalde Luis Piña agradeceu a colaboración das empresas da Cañiza SAEPLAST, Galimetal, Transportes González, Specialty Marine Products And Ventures, Reciclados Plásticos A Cañiza, Queixos “Castro Xaneiro” e tamén á entidade bancaria ABANCA.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS