lunes, octubre 21, 2024
InicioO PaísA CoruñaActivo dende este luns un plan de vixilancia intensiva de luces e...

Activo dende este luns un plan de vixilancia intensiva de luces e pneumáticos nas estradas galegas

A DXT e a Garda Civil activa este plan que estará vixente ata o 24 de outubro

A Dirección Xeral de Tráfico e a Garda Civil de Tráfico activan dende este luns día 21 un plan de vixilancia intensiva de luces e pneumáticos de vehículos que circulan polas estradas de Galicia, para comprobar o seu correcto mantemento.

O plan estenderase ata o xoves 24 de outubro, coincidindo coa chegada da meteoroloxía adversa e á véspera do cambio de hora e a diminución de horas de luz.

Recomendacións das autoridades viarias

As recomendacións das autoridades son, con respecto aos pneumáticos, que a produndidade das fendas teña como mínimo 3 milímetros, a pesar de que o límite legal é de 1,6 milímetros, «xa que son os encargados de asegurar a adherencia no empuxe, na freada e no esvaramento lateral», segundo apuntan desde a DXT e a Garda Civil.

Tamén é preciso comprobar regularmente a presión do pneumático en frío e á roda de reposto, así como revisar posibles fugas de aire polas válvulas.

En canto ás luces, aconséllase realizar unha boa utilización, mantemento e regulación dos faros, «para contar coa luz suficiente para a conducción e, ao mesmo tempo, non cegar a quen circula pola mesma vía».

Ademais, os axentes alertan de que é obrigatorio empregar a iluminación que se estrableza reglamentariamente cando existan condicións meteorolóxicas ou ambientais que reduzan a visbilidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS