viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeConvocan unha folga de 24 horas no sector da automoción en Galicia...

Convocan unha folga de 24 horas no sector da automoción en Galicia para urxir que se «garanta o emprego»

Os cadros de persoal de todas as empresas da automoción galega están chamados a unha xornada de folga o vindeiro xoves 28 de novembro ante a “situación límite que atravesa o sector como consecuencia do proceso de reconversión , deslocalización e precarización no que está inmerso dende a irrupción do vehículo eléctrico», segundo apuntan desde o sindicato CIG, que é quen convoca o paro de 24 horas.

Esta folga dun día completo terá lugar tanto na empresa principal de Stellantis como no «arredor de 50 compañías auxiliares e de compoñentes ubicadas nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Ourense e ten por obxecto esixir medidas urxentes que garantan os postos de traballo e unhas condicións laborais dignas».

O anuncio da folga chegou esta xornada durante unha protesta que tivo lugar este venres ás portas de Stellantis en Vigo, coincidindo coa folga convocada na fábrica italiana de Stellantis. Neste contexto, o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, inidou que «a convocatoria é un paso máis do intenso traballo que a central sindical leva varios anos facendo en defensa do emprego e das condicións laborais dun sector que se atopa en situación de emerxencia pola fonda crise que atravesa». Isto implica, segundo insistiu, «unha intensificación da precarización das condicións de traballo e a perda de dereitos sociais».

Desde o sindicato, explican que «desde a pandemia os traballadores e as traballadoras padecen ERTE continuos de 30, 60 ou 90 días de duración que sufragan coas súas prestacións por desemprego; ao que hai que sumar a pregresiva desregulación da xornada laboral, até o punto de que agora se traballa fins de semana, domingos e festivos e despois descánsese durante a semana”.

Ademais, o secretario nacional indicou que «outra consecuencia desta situación é o aumento da flexibilidade interna nas empresas, que provoca que a maioría dos cadros de persoal non saben cales van ser os seus horarios a semana que vén nin cantos días van traballar a última semana de outubro, por exemplo”.

Trátase dunha «flexibilidade que impide a conciliación da vida persoal e laboral«. Todo isto nun contexto no que «Stellantis rexistra 18.600 millóns de euros de beneficio o ano pasado», tal e como detallou Bouzas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS