viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeRueda destaca o papel pioneiro de Galicia coa aprobación da Lei de...

Rueda destaca o papel pioneiro de Galicia coa aprobación da Lei de intelixencia artificial na comunidade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe  que o Consello da Xunta aprobará proximamente o anteproxecto da Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial (IA) en Galicia, convertendo así á comunidade na primeira rexión europea cunha regulación para facilitar a adopción desta tecnoloxía.

Así o salientou durante a súa intervención no Foro Diálogos Prodware-Cremades&Calvo Sotelo, que levou por título Entender a intelixencia artificial, Rueda sinalou a importancia de contar cun marco legal que asegure o desenvolvemento ético e responsable desta, poñendo sempre ás persoas no centro da tecnoloxía.

Neste sentido, resaltou que a IA xa está transformando diversos sectores, como a sanidade, a agricultura ou a educación, mellorando a calidade de vida da cidadanía galega polo que a futura lei permitirá garantir unha implantación da IA que sexa segura, transparente e adaptada ás singularidades de Galicia, promovendo a súa utilización tanto na administración pública como no sector privado.

Así, a Lei de Intelixencia Artificial Galega establecerá os criterios para a compra e o desenvolvemento desta tecnoloxía no ámbito da Administración xeral da comunidade e no seu sector público, xerando confianza entre a cidadanía e incentivando a competitividade económica de Galicia. Unha vez aprobado o anteproxecto polo Consello da Xunta, será remitido ao Parlamento galego para o seu debate e posterior aprobación.

Novos pasos para o presente e o futuro

O presidente da Xunta tamén fixo fincapé na importancia de que Galicia siga liderando o desenvolvemento dunha IA ética, fiable e centrada no ser humano, e subliñou que o diálogo entre o sector público, privado, as universidades e a sociedade civil será clave para acadar un consenso que beneficie a todos.

Ademais, tamén aproveitou para destacar que esta non é a única aposta da Xunta polo presente e futuro no campo das novas tecnoloxías. Así, fixo mención a dúas medidas recentes de gran impacto como o anuncio a pasada semana dunha inversión de 56 millóns de euros para a construción dun novo Centro de Supercomputación, que reforzará o papel de Galicia como referencia nacional e internacional neste ámbito.

En segundo lugar, referiuse á próxima instalación en Curtis do primeiro centro de procesamento de datos da comunidade, o Green Data Center, no que se investirán 51 millóns de euros e que será unha realidade en menos de ano e medio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS