Un operario faleceu este venres tras caer dun guindastre duns 6 metros de altura mentres traballaba no municipio de Lalín. O 112 Galicia informou esta tarde do suceso que tivo lugar na Igrexa da parroquia de Goiás.
Ata o lugar acudiron as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, GES de Lalín, a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Tamén movilizouse a un helicóptero pola gravedade do accidente, non obstante, se cancelou tras a confirmación do falecemento. Polo tanto, os profesionais de Urxencias Sanitarias só puideron confirmar a morte do traballador.