viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMos sabe Amar

Mos sabe Amar

A localidade mosense súmase á campaña da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e distribúe entre a veciñanza petiscos nunha foodtruck que hoxe permanece en Puxeiros e no Pazo de Mos

A Xefa Territorial da Consellería do Mar, Elena Suárez Sarmiento, achegouse esta mañá ata Mos. Sarmiento estivo acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Economía e Industria, Feli Rodríguez, e de Emprego, Educación e Participación Cidadá, Julia Loureiro. Este encontro tiña como motivo visitar a foodtruck de Galicia sabe a mar que hoxe está instalada na Avenida de Puxeiros en horario matinal, e, pola tarde, no Pazo de Mos.

Suárez Sarmiento, Arévalo, Rodríguez e Loureiro puideron degustar os petiscos de deliciosos bocados de produtos do mar galego xunto con veciñanza do municipio. Os horarios da foodtruck de GALICIA SABE AMAR que permanecerá hoxe no concello Mos dependerá dos emprazamentos. A Avenida Puxeiros acolle esta iniciativa de 11.00 a 14.00 horas e o Pazo de Mos en horario de tarde, de 18.00 a 21.00 horas.

GALICIA SABE AMAR

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021. O motivo da súa creación era animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar. Deste modo, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Neste 2024 a iniciativa volve á estrada de novo a través de catro foodtrucks que levan o sabor das rías a toda Galicia. En cada parada no camiño, os visitantes poden degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS