viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeO Nadal de Vigo inclúe unha exposición de máis de 1000 metros...

O Nadal de Vigo inclúe unha exposición de máis de 1000 metros cadrados do mundo máxico de Harry Potter

O nadal en Vigo acolle este ano unha programación moi especial. Chega á cidade unha das grandes sorpresas deste nadal 2024: The Magical Miniworld Experience.

Así, The Magical Miniworld Experiencia, baseada na máxica saga de Harry Potter, estará instalada na praza fronte ao Náutico de Vigo desde o 22 de novembro ata o 12 de xaneiro. A atracción conta con máis de 1.000 metros cadrados e ten a misión de transportar as persoas que a visiten ata o mundo de Howarts e os seus protagonistas.

Cómo é The Magical Miniworld Experience?

A exposición contará con centenares de pezas únicas, figuras, bustos, dioramas e unha gran colección de varitas máxicas. Os fans da saga poderán descubrir as réplicas, escenarios e ata os obxectos máis icónicos da saga.

Ademais, The Magical Miniworld Experience está deseñada para crear unha experiencia en primeira persoa, na que os visitantes e as visitantes poderán sumerxirse e crear o seu propio mini mundo de pocións e réplicas da man do merchandising oficial de Miniverse. Make it Mini Potions.

Obradoiros e xogos de rol

A vivencia compleméntase con actividades interactivas, como obradoiros, contacontos e xogos de rol, con actividades para todos os grupos de idades, tanto nenos como adultos.

A exposición abrirá de 10:00h a 22:00h con turnos dunha hora e aforo de 100 persoas por hora. O prezo das entradas é de 11 euros e podes adquirilas na seguinte ligazón.

Os días 24, 31 de decembro e 5 de xaneiro, a exposición pechará ás 18:00h. O día 1 de xaneiro, abrirá ás 12:00h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS