Unha muller veciña de Mondariz faleceu esta noite ao caerlle unha árbore nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario.
Suceso mortal no municipio de Mondariz-Balneario. Unha muller, veciña de Vilasobroso, perdeu a vida esta noite ao caerlle unha árbore nos xardíns do Gran Hotel. No lugar celebrabase o espectáculo de Queimán e Pousa, con hora de incio das 20:00 h, e 90 minutos máis tarde, cando o espectáculo finalizou,a árbore caiu sobre a muller, provocandolle a morte. Ao marido da vítima tiveron que trasladalo a urxencias. Non hai máis persoas atrapadas, segundo fontes municipais.
Ao lugar acudiron varios efectivos de emerxencias.