A chuvia chegou para quedar en Galicia. Logo da tromba de auga que asolou, sobre todo, ás Rías Baixas durante a pasada xornada, Meteogalicia predice que os próximos días estarán marcados, de igual xeito, polos ceos cubertos e parauguas.
Deste xeito, a chuvia continuará durante a fin de semana desde o venres 18 de outubro ata, polo menos, o domingo día 20. Con todo, as temperaturas acadarán valores máximos de ata 20 graos.
No caso da cidade de Vigo, a probabilidade de chuvia aumentarán este venres 18 con cifras de ata o 95%, tanto pola mañá como pola tarde e, incluso, pola noite.
En canto as temperaturas, oscilarán entre os 17 graos de mínima e os 21 graos de máximas no caso do domingo 20.
Unha situación similar terá lugar na cidade de Pontevedra desde este venres 18 de outubro posto que os ceos estarán cubertos de nubes e a chuvia será a protagonista a maior parte dos días da fin de semana.
Na cidade das burgas, en Ourense, as probabilidades de choiva descenden ata o 50% segundo o caso e Meteogalicia indica que o domingo polal tarde os ceos estarán cubertos con nubes, pero con menos posibilidades de que os veciños e as veciñas teñan que sacar o paraugas.
Na capital galega, en Santiago de Compostela, os ceos estarán encapotados o venres 18 e, practicamente, ata o domingo 20. A chuvia será a protagonista durante a fin de semana, segundo as predicións de Meteogalicia.
Meteogalicia apunta que a cidade da Coruña terá os ceos cubertos aínda que con unha menor probabilidade de chuvia. Os valores acadarán ata os 22 graos durante o domingo.
Pola súa banda, os veciños e as veciñas de Ferrol tamén terán que sacar o paraugas durante a fin de semana. Sobre todo, durante as noites do venres, sábado e domingo. Durante o día, terán os ceos con nubes e temperaturas máxima de ata 22 graos.
A cidade de Lugo contará con ceos cubertos durante a fin de semana con máis probabilidade de chuvia durante a noite así como nas mañás do sábado e do domingo. Neste caso, os mercurios situaranse en valores máximos de 20 graos.