Mitigar o cambio climático no sector da construción é o que busca o proxecto Life EcoTimberCell que aposta polo desenvolvemento de Elementos estruturais ecolóxicos. Baixos en carbono para reducir as emisións de CO2 que xera comunmente un proceso construtivo.
Begoña Jiménez de PEMADE, Juango Otero de Mol Arquitectura e Marcos Vázquez de Construcciones Conegal:
Na creación destes elementos estruturais ecolóxicos emprégase madeira certificada de plantacións forestais de Galicia.
Promovendo a xestión forestal sostible utilizando restos de corta e de madeira inservible para outros usos.
Un dos resultados acadados son as vigas ocas no seu interior que permiten ata un 85% de aforro de madeira con respecto a unha viga maciza.
A proba destes materiais en obra estase facendo en Ribadavia nun vivenda-adega construída por Conegal e o estudo Mol Arquitectura.
No proxecto está implicada, a Universidade de Santiago de Compostela a través de PEMADE, Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural; un centro de investigación especializado no desenvolvemento de produtos estruturais en madeira.