lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísO xuíz non ve delito en gravar a mulleres ouriñando na vía...

O xuíz non ve delito en gravar a mulleres ouriñando na vía pública

Sobrsemento provisional da causa. É a decisión do xuíz da Audiencia Provincial de Lugo de arquivar a causa pola gravación de 87 mulleres mentres ouriñaban nunha calella de San Cibrao das Viñas mentres se celebraba a festa da Maruxaina. Parte desas imaxes foron difundidas a través de páxinas pornográficas na Internet.

O xuíz rexeitou os recursos e ratificou o sobresemento provisional ditado o pasado mes de marzo porque as imaxes foron captadas nunha vía pública, non nun lugar pechado, e por non observar delito algún contra a integridade moral ao non apreciar ánimo «tendencial de quebrantar a resistencia física».

O representante legal da Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela presentou un recurso contra esta segunda sentenza ante a Audiencia Provincial de Lugo. «Por suposto que non compartimos a decisión deste xuíz. Non se pode xustificar un delito coma este, que atenta contra a honra e a propia imaxe das mulleres, no feito de que fose perpetrado na vía pública», explicou a presidenta da asociación, María del Mar Fraga.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS