viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeA ANPA do CEIP Mondariz-Balneario reclama dúas prazas de Pedagoxía Terapéutica, unha...

A ANPA do CEIP Mondariz-Balneario reclama dúas prazas de Pedagoxía Terapéutica, unha delas para un neno cun 70% de discapacidade

A asociación asegura que «todos os nenos e nenas, con independencia do centro no que estean matriculados, deben ter os mesmos dereitos e oportunidades»

O ANPA do CEIP Mondariz-Balneario reclama dúas prazas de profesorado en Pedagoxía Terapéutica (PT), unha para a atención en xeral dos usuarios do centro e a outra en especifico para un neno cun 70% de discapacidade e con necesidades comunicativas.

O colectivo de nais vén de concentrarse esta mesma mañá nas inmediacións do centro, co fin de reclamar a asignación destas dúas prazas.

Falamos con Rosa González, da Anpa Troncoso do CEIP Mondariz – Balneario, podes escoitar a entrevista a continuación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS