viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta acorda limitar a extracción de bivalvo en Arousa co obxectivo...

A Xunta acorda limitar a extracción de bivalvo en Arousa co obxectivo de mellorar os prezos de mercado

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un novo encontro con representantes das confrarías da ría de Arousa para avaliar os primeiros 15 días de campaña de libre marisqueo na ría de Arousa, cumprindo así o acordado na última reunión o pasado 25 de setembro. Na xuntanza sinalouse que os datos de capturas rexistradas nestas primeiras semanas confirmaron as previsións das mostraxes realizadas no mes de setembro polos técnicos do Centro de Investigación Mariñas (CIMA), dependente da Consellería do Mar. Así decidiuse non realizar a actividade extractiva nestes bancos os venres co obxectivo de mellorar os prezos de mercado e, para compensar esta medida, acordouse un incremento do tope por tripulante de ameixa babosa no banco marisqueiro de Bohído ata os 3,5 quilos diarios.

Na xuntanza, enmarcada no modelo de cogobernanza coa que a Xunta aborda a xestión pesqueira en Galicia, ademais de representantes de confrarías da Ría tamén participaron as direccións territoriais de Pontevedra e A Coruña da Consellería do Mar, membros de Gardacostas e persoal do equipo do CIMA responsable dos traballos de mostraxe. Alí tamén se acordou dar por finalizada a actividade marisqueira no banco de Os Lombos do Ulla, dado o baixo stock de talla comercial, e en manter o resto de topes nas distintas especies por tripulante e día nos bancos de Bohído e Cabío segundo a resolución vixente, coa excepción da babosa en O Bohído anteriormente sinalada. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS