sábado, noviembre 23, 2024
InicioO PaísA CoruñaA Xunta abre o prazo para autorizar queimas agrícolas a partir do...

A Xunta abre o prazo para autorizar queimas agrícolas a partir do venres

As persoas interesadas deberán confirmar que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras; e no caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia

A Xunta reactiva desde hoxe mesmo as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na comunidade. As peticións poderán ser tanto desde a web habilitada como a través do teléfono 012.

Os solicitantes dun novo permiso hoxe poderán levar a cabo a queima a partir deste venres, 18 de outubro. Esta diferencia de días débese a que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa.

A maiores, tamén se retoman desde hoxe as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, fai falta contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

Cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo con o establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS