domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísConta atrás para que comece unha nova edición de Allariz de Medo...

Conta atrás para que comece unha nova edición de Allariz de Medo con procesión de Santa Compaña e cea de «difuntiños»

Comeza a conta atrás para que comece unha nova edición de Allariz de Medo na que haberá, entre outras cuestións, unha procesión da Santa Compaña e ata unha cea con «difuntiños».

O evento terá lugar do 31 de outubro ata o 3 de novembro. Durante estes días, reinará o ambiente misterioso e as actividades que combinan a tradición do Samaín co entretemento para todas as idades, segundo apuntan desde o Concello.

Na presentación que tivo lugar este mércores, a alcaldesa Cristina Cid e a concelleira María López deron a coñecer a programación completa. Así, esde o 31 de outubro ata o domingo 3 de novembro haberá un percorrido con diferentes escenas nas que ánimas, esqueletos e druídas transportarán aos veciños e as veciñas así como as persoas que se acheguen ata este municipio da provincia de Ourense á festividade do Samaín e ao «mundo dos defuntos».

Programación completa

Xoves 31 de outubro:
18:30h: Cea «De cea cos defuntiños», contacontos para os máis pequenos, xunto con Iseo A Moura. Praza de Abaixo
20:00h: Procesión da Santa Compaña dende a Praza Maior. Silvardeiras Teatro
23:30h: DJ Apocalipsis pechará a noite cunha sesión de música

Venres 1 de novembro:
20:00h: Procesión da Santa Compaña dende a Praza Maior. Silvardeiras Teatro

Sábado 2 de novembro:
16:30h e 18:00h: Obradoiro de candis en A Paneira (90 min por quenda). É preciso inscribirse a través dun formulario que está dispoñible neste enlace.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS