viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA Xunta licita por máis dun millón a redacción dos proxectos de...

A Xunta licita por máis dun millón a redacción dos proxectos de vivendas públicas en Vigo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, adiantou que a Xunta convocará un concurso público para adxudicar parcelas en Navia en compravenda ou dereito de superficie

A Xunta vén de licitar onte por 1,1 millóns de euros a redacción dos proxectos para construír 178 vivendas de promoción pública no polígono 2 de San Paio de Navia, en Vigo. Así o avanzou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que mantivo onte en Vigo un encontro con representantes do sector da construción, promoción e cooperativismo. Tamén participou nesta reunión o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto.

María M. Allegue subliñou a aposta do Goberno galego pola vivenda en Vigo, que é a cidade galega con máis demandantes de vivenda rexistrados, ascendendo a máis de 5.700 solicitudes. Neste sentido, para dar resposta ás necesidades dos cidadáns, a Xunta vai desenvolver en Navia 1.600 vivendas. Destas estruturas, 656 de promoción pública xa están en marcha ou previstas. Detallou que no polígono 1 de Navia, constan 733 vivendas, das que 359 son de promoción pública e xa están en marcha.

No polígono 2, proxéctanse 719 vivendas, das que boa parte serán de promoción pública, como o caso das redaccións de proxectos licitados onte para 178 vivendas. Cómpre sinalar que a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia xa recolle esta contratación, cuxo prazo de presentación de ofertas finalizará o 29 de novembro.

A conselleira recordou que no marco deste mesmo polígono, onte o Consello da Xunta autorizou a licitación da redacción dos proxectos para 68 vivendas de promoción pública, por 637.000 euros. En relación ao polígono 3, a responsable autonómica indicou que se prevé a execución de 147 vivendas protexidas.

Concurso de parcelas

Ademais a conselleira remarcou que a Xunta convocará un concurso público para adxudicar parcelas en Navia en compravenda ou dereito de superficie. Lembrou que xa está en marcha outro concurso para adxudicar 2 parcelas no polígono de Bertón, en Ferrol. María M. Allegue tamén lembrou que ata o 31 de outubro está aberta a convocatoria das axudas para promotores. Estas contan cun investimento de 14,7 millóns de euros, para construír inmobles de vivendas de alugueiro accesible.

Tamén puxo o acento noutro obxectivo da Xunta, que é a Estratexia Galega de Solo Residencial. Esta iniciativa prevé facilitar solo para desenvolver outras 25.000 vivendas na comunidade, 20.000 delas protexidas. Concretou que esta estratexia proxecta para a área urbana de Vigo 9.200 vivendas, das que 7.360 serán protexidas. Na actualidade, a Xunta está a analizar co Concello os ámbitos onde desenvolver vivenda protexida, polo que seagarda contar axiña cos resultados dos estudos.

Ademais, dixo fincapé na aposta da Xunta pola vivenda, ao triplicar nos Orzamentos de 2025 as partidas destinadas a esta materia. Este incremento permitirá avanzar no gran reto desta lexislatura, que é chegar ás 8.000 vivendas protexidas, das que máis de 1.500 están en execución. Salientou a importancia da colaboración público-privada, que é fundamental para acadar este fito.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS