lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísGalicia comeza a subministrar a terceira dose nas residencias

Galicia comeza a subministrar a terceira dose nas residencias

Disposta a poñer aínda que sexa «una sexta dose», Nieves Cabo foi a primeira galega en recibir a terceira dose da vacina contra a COVID-19 hoxe na residencia de maiores Porta do Camiño, en Santiago. Serán ao redor de 22.000 os maiores que a reciban e 15.000 pacientes inmudopedendentes tamén.

 O catedrático en  Medicina Preventiva, Juan Gestal:

O  Servizo Galego de Saúde comezou a administrar este martes a terceira dose de Pfizer, ou dose extra,  aos usuarios de residencias de maiores como parte do colectivo vulnerable. Comezou a inocular esta terceira dose na residencia Porta do Camiño, en Santiago, onde iniciara a vacinación no mes de decembro. 

Nieves Cabo, de 82 anos, volveu ser a primeira. «Onte cando llo contei á filla en Madrid, díxenlle ‘vou poñer a terceira’ e díxome: ‘non me digas, mamá!'», explicaba Nieves aos medios, e agarrou a máscara para desexar:  «Eu o que quixera era quitar isto, a ver cando se pode».

A maiores dos usuarios das residencias, ao redor de 15.000 persoas con algunhas patoloxías previas, como os trasplantados, tamén receibirán un terceiro pinchazo.

A partir do mércores, a campaña da dose de reforzo estenderase ao resto dos xeriátricos do país.

Un novo paso na campaña de vacinación contra a covid que xa chegou, con pauta completa, a preto do 92 % da poboación diana.

O catedrático en Medicina Preventiva, Juan Gestal, explica que en cuestión de días Galicia chegará aos 50 casos por 100.000 habitantes, agás que a aparición de novas cepas do virus o impida.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS