jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeAumentan as denuncias por violencia de xénero en Galicia con 21 presentadas...

Aumentan as denuncias por violencia de xénero en Galicia con 21 presentadas cada día

Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre do 2024 21 denuncias ao día por violencia de xénero. En concreto, presentáronse 248 denuncias máis que no mesmo período do ano 2023, o que supón un aumento do 14%. Segundo informa o TSXG, a meirande parte foron presentadas pola propia vítima.

O número de denuncias rexistradas foi de 1.842, fronte ás 1.678 do segundo trimestre do 2023, o que fai aumentar nun 9,8% o número de mulleres vítimas. A pesar destes datos, a taxa de violencia de xénero en Galicia situouse en 13,1, sendo a terceira comunidade máis baixa do Estado.

Os distintos órganos xudiciais da comunidade, dictaron de abril a xuño de 2024 en procesos de violencia de xénero 708 sentenzas, das cales o 84,8% resultaron condenatorias.

Por outra banda, solicitaronse ante os xulgados de violencia sobre a muller 461 ordes e medidas de protección da vítima, un 3,4% menos que no mesmo período do 2023, das cales se adoptaron 289, é dicir o 62,7%.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS