O luns iniciaranse as sondaxes valorativas que pretenden dar resposta ao reclamo da veciñanza desta parroquia mosense
Esta semana tivo lugar no Local Social e Veciñal de Pereiras a presentación á corporación municipal, encabezada pola alcaldesa Nidia Arévalo, do proxecto de actuación das sondaxes valorativas do lugar precisamente denominado Os Castros.
Dende o Concello sinalan que este lugar xa esta inventariado en Patrimonio como castro, pero non existe nin documentación nin estudio que o avale.
A empresa Tempos arqueólogos S.L. foi a que elaborou este proxecto e será a encargada de realizar as prospeccións nos terreos que rodean o local social.
Nesta reunión ofreceuse unha explicación do contexto patrimonial e historia da zona, a metodoloxía a empregar e os obxectivos que se pretender acadar con esta obra.
Estas sondaxes valorativas pretenden dar resposta ao reclamo da veciñanza, por saber se aí estivo un xacemento denominado “Castro de Pereiras” e si fose así, coñecelo e divúlgalo.
A obra está prevista que comece o 20 de setembro e que dure ata o 1 de outubro.
Aproveitando a ocasión, a comunidade de Montes, a Asociación de Veciños Nosa Terra e o Concello invitarán aos centros educativos para que sexan partícipes destas escavacións, e esta invitación estenderase a tódalas asociacións e persoas que así as queiran visitar