O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, aumenta á presión cara a Federación Española de Fútbol e pide que se fan públicas as puntuacións que recibiu cada sede para formar parte do Mundial 2030.
Neste contexto, o rexedor da cidade olívica reclama á Federación Española de Fútbol que «faga públicas as puntuacións de todas as candidaturas presentadas para albergar as sedes do Mundial 2030» posto que, segundo indica, «publicidade e transparencia, é o esixible a calquera institución financiada con cartos públicos”, expresou.
O alcalde lembrou que xa enviou unha carta á Federación e a resposta foi “que Vigo tiña obtido no procedemento de selección os resultados máis baixos en canto á estrutura financeira”. Unha resposta que xera as sospeitas do alcalde “porque Vigo é a única cidade das que se presentan que ten débeda cero e porque non se fan públicas as puntuacións do resto das candidaturas”.