domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui ofrece música e teatro para a primeira infancia a través de...

Tui ofrece música e teatro para a primeira infancia a través de Catro Cores no Teatro Municipal

O único cuarteto de trompa que hai en Galicia actuará a partir das 19.00 horas dentro da programación de outono

Un espectáculo musical e teatral para público familiar é o que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui dentro da programación de outono. Será “A trompa non é so cousa de elefantes” da man de Catro Cores. Esta formación integrada Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola é o único cuarteto de trompas de Galicia. A obra está recomendada para nenos e nenas de un a seis anos. As entradas están á venda até 10 minutos antes do inicio en tui.gal ao prezos de tres e catro euros.

Neste espectáculo, dirixido á primeira infancia, propoñen aprender a descubrir pouco a pouco a forma e a sonoridade dun instrumento musical: a trompa. As partes deste instrumento están agochadas polo escenario e as catro instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.

Finalmente construirán a trompa e con ela xogarán coas cores e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula o sentido da vista e do oído. Ao longo dos 34 minutos da función a trompa será a canle para crear diferentes ambientes e movementos inspirados en animais como un paxaro, un felino, o mundo oceánico e un elefante. A dirección corresponde a Laura Sarasola.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS