domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas e TesGalicia organizan leccións gratuítas de reanimación básica no recinto Aceros...

Ponteareas e TesGalicia organizan leccións gratuítas de reanimación básica no recinto Aceros del Tea

A actividade, organizada polo Concello e a asociación, terá lugar o mércores 16 de outubro, entre as 10.00 e as 19.00 horas, polo Día Internacional da parada cardíaca

O Concello de Ponteareas, a través da concellería de Saúde e da Concellería de Ensino, e en colaboración coa asociación TesGalicia organiza unha xornada de RCP básica polo Día Internacional da parada cardíaca. Esta actividade terá como obxectivo ensinar nocións de reanimación a todas as persoas interesadas.

A xornada contará co apoio da Cruz Vermella, Bombeiros, Protección Civil, Polícía Local e SERGAS a través da área sanitaria de Vigo. Terá lugar mañá, mércores 16 de outubro, entre as 10.00 e as 19.00 horas no recinto Aceros del Tea. Ademais, nesta ubicación realizarán un despregamento dos seus medios para ensinar o seu funcionamento tanto ao alumnado dos centros educativos de Ponteareas como á cidadanía en xeral. Preto de trescentas nenas e nenos do CEIP Fermín Bouza Brey, Mestre Ramiro Sabell, Santiago de Oliveira, Feliciano Barrera de Guláns, As Veigas, Santiago Apóstol e La Inmaculada aprenderán nocións de primeiros auxilios.

“As túas mans salvan vidas”

O Concello e a Asociación Profesional de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia (TesGalicia) teñen por lema “As túas mans salvan vidas”. Baixo este mensaje ofrecerán as leccións gratuítas para aprender nocións básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP). Por outra banda, tamén se ensinarán a conduta PAS. Así mesmo, comprende atender un atragoamento, usar desfibrilador e poñer en posición lateral de seguridade a unha persoa inconsciente que respira. Manobras, todas elas, fundamentais para poder salvar vidas.

Borja Álvarez, de TesGalicia, detallou que “trátase de darlle a oportunidade a todas as persoas interesadas en saber salvar unha vida, achegando a cadea de supervivencia á poboación, enriquecendo á sociedade. A testemuña dunha parada cardíaca é vital xa que é o único capaz de alertar aos Servizos de Emerxencias Médicas e comezar unha RCP nos tres primeiros minutos, crucial para salvar unha vida”.

A concelleira de Saúde, Raquel Plana, confesou que “é unha oportunidade marabillosa para aprender estas manobras básicas que poden axudar a salvar vidas. Só se a persoa que presencia unha parada inicia as manobras nos primeiros minutos, teremos a oportunidade de mantela con vida ata a chegada dos sanitarios. Por iso, animo a todas as persoas que poidan achegarse ata esta xornada tan importante”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS