viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeFADEMUR: "Urxe contar cun Estatuto da Muller Rural en Galicia que inclúa...

FADEMUR: «Urxe contar cun Estatuto da Muller Rural en Galicia que inclúa a todas, o actual quédase curto»

Con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais falamos coa presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, Verónica Marcos.

O obxectivo da Federación é cumplir cos 15 puntos da axenda feminista rural, que marcan como chaves, para solucionar retos de caracter globais para o que piden «o apoio de toda a sociedade».

Os obxectivos son os seguintes:

  1. Fortalecer a rede de mulleres rurais para poñer nas súas mans o seu propio destino.
  2. Mellorar as infraestruturas, servizos de transporte público e telecomunicacións nos pobos.
  3. Ofrecer servizos para a conciliación no medio rural.
  4. Rexeitar proxectos extraactivistas que atentan contra a natureza e as comunidades rurais.
  5. Abolir a prostitución, a maternidade subrogada e toda forma de explotación dos corpos das mulleres.
  6. Impulsar a participación das mulleres na vida pública, na toma de decisións e axudar á creación de cooperativas de mulleres.
  7. Visibilizar o traballo das mulleres rurais en todos os sectores.
  8. Impulsar políticas públicas encamiñadas a que a poboación poida ter aceso a unha vivenda digna nos pobos e poñen fin á espiral de despoboamento.
  9. Dotar aos pobos de máis recursos específicos de prevención e atención ás vítimas de violencia machista e os seus entornos.
  10. Ofrecer recursos e información para que as mulleres rurais poidan tomar en liberdade a decisión de abortar e que poidan exercer este dereito preto dos seus fogares e con garantías de anonimato.
  11. Impulsar o consumo responsable de KM0.
  12. Non centralizar as residencias e outros recursos de atención a maiores en entornos urbanos.
  13. Impulsar nos pobos un modelo turístico sostible que serva de motor pola igualdade de oportunidades e contra a despoboación.
  14. Rexeitamento das guerras e conflitos que sufren as mulleres rurais de todo o mundo.
  15. Publicación dun Estatuto das Mulleres Rurais que recolla estas respostas.

Podes escoitar a continuación a entrevista realizada a Verónica Marcos, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS