viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeSegunda sentenza contra o "catastrazo" en Salceda de Caselas

Segunda sentenza contra o «catastrazo» en Salceda de Caselas

A sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu unha sentenza que anula, novamente, a revisión catastral emitida polo Ministerio de Hacienda en 2021 en Salceda de Caselas, un caso coñecido como o «catastrazo».

Este feito, segundo indican dende o despacho de avogados da Plataforma Veciñal contra o Catastro «obriga ao Concello a devolver os 1,3 millóns de euros que cobrou a máis de 5000 veciños, ao entender como urbanos a efectos fiscais terreos calificados como rurais».

A asesoría legal, convoca a todos os afectados e afectadas a unha reunión informativa o próximo xoves día 17 de outubro ás 20:00h no Auditorio de Salceda.

O Goberno Local, pola súa banda, aclama «á prudencia», e manifesta que «cada caso é diferente, e que cada sentencza tan só anula a revisión catastral dun caso en concreto».

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, afirma que «o Concello de Salceda non foi notificado de dito erro xudicial», e que, no pasado mes de febreiro o Concello solicitou ao TSXG a nulidade da primeira sentenza que fallou en contra do «catastrazo» por «evidente indefensión», posto que «a pesar de ser parte interesada, non foi notificada na causa». Dita petición, foi denegada.

A nova sentenza, ditada pola mesma sección que a anterior e co mesmo argumento, emite que aos titulares non se lles pode esixir o pago do IBI como se os terreos se tratasen de fincas urbanas, e, en relación coas liquidacións xa realizadas, obrigará á ORAL e ao Concello de Salceda a devolver os importes das subidas do IBI nos últimos anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS