O Concello de Ponteareas organiza mañá, ás 11.30 horas, un faladoiro-café con motivo do Día Mundial das Mulleres Rurais no salón de plenos do Concello. Neste encontro contarán coa testemuña de Lorena Durán e Remedios Rivero, dúas mulleres exemplo de emprendemento no rural. O acto estará a cargo da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Raquel Plana, e contará coa intervención da alcaldesa Nava Castro. Ademais, celébrase en aberto para todas as persoas interesadas e finalizará cunha foto e un pequeno petisco.
A iniciativa busca celebrar este Día de homenaxe coas verdadeiras protagonistas, as mulleres emprededoras do rural de Ponteareas. Para poñer o foco nelas, o acto terá a Lorena Durán e Remedios Rivero como relatoras deste faladoiro, que serán as encargadas de poñer sobre a mesa os temas máis interesantes.
Por unha banda, Lorena Durán é a propietaria da Casa Rural A Cantaruxa Maruxa. Este establecemento ten como puntos fortes o respecto pola natureza e a sostibilidade. Por outra banda, Remedios Rivero é a xerente e chef de Casa Rivero, líder da terceira xeración da súa saga gastronómica.
Ambas emprendedoras poderán compartir as súas experiencias vitais e responder cuestións sobre os maiores retos na entorna rural, a contribución dos seus negocios na comunidade e posbiles melloras da situación da muller neste ámbito. Ademais, aportarán os consellos que consideren necesarios para outras mulleres que queran iniciarse neste sector.