viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsPontevedra modifica a ordenanza de furanchos e loureiros para ampliar a variedade...

Pontevedra modifica a ordenanza de furanchos e loureiros para ampliar a variedade das tapas que ofertan

O Concello de Pontevedra comezou a tramitar unha modificación puntual da Ordenanza de actividade de furanchos e loureiros para tratar de ampliar a variedade das tapas que ofertan cada tempada, e permitir aos titulares escoller cales queren ofrecer, até un máximo de cinco.

Este foi o acordo que acadou o concelleiro de Urbanismo, Alberto Oubiña neste verán -rematada da tempada de furanchos- cos titulares que este ano abriron as súas portas no concello de Pontevedra.

O Concello xa iniciou a tramitación da modificación coa solicitude de distintos informes técnicos municipais e trabállase co horizonte de tela operativa na vindeira tempada.

Entre os cambios que se comtemplan destaca a ampliación do número de tapas permitidas e cada titular poderá escoller e ofrecer un máximo de cinco tapas. Esta escolla das tapas farase cada ano coincidindo coa renovación anual do distintivo de Furancho.

Na actual ordenanza, a listaxe de tapas son a táboa de embutidos-queixos, pementos, orella-chourizo, zorza-raxo e tortilla de patacas. E agora, sumaranse outras como a costela, ovos fritos, sardiñas ou xurelos á brasa así como callos con garavanzos ou fabas, empanada ou empanadilla e croquetas.

Ademais, modifícase a contía mínima do seguro pasando de 300.000 euros a 90.000 euros e se cambia o distintivo actual que incluirá o novo logo municipal e uns datos mínimos como o ano, nome do furancho, persoa responsable e titular da actividade, tapas escollidads e data de renovación.

A modificación complétase coa modificación dos formularios da sede electrónica municipal relativos á ordenanza.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS